Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº190] 

 

Mércores, 07/05/2025

Renfe Viajeros recolleu o Premio Dano Cerebral Galicia - Miguel Blanco na nosa III Xuntanza

Moisés Durán, xerente de Servizo Público de Renfe en Galicia, subliñou durante o seu discurso de agradecemento do 13º Premio Dano Cerebral Galicia - Miguel Blanco que 7.400.000 persoas viron nos seus trens as imaxes da campaña 'Non se pode previr o que non se coñece'. Unha campaña de concienciación sobre o dano cerebral adquirido centrada nas secuelas invisibles que foi a principal causa de que a Xunta Directiva de Dano Cerebral Galicia acordara entregar o seu galardón anual a Renfe Viajeros, nunha cerimonia que tivo lugar o 22 de abril no marco da III Xuntanza de persoas e familias con dano cerebral adquirido.

 

A Asemblea Xeral de Dano Cerebral Galicia aprobou a Memoria e as Contas de 2024

O órgano deu tamén o visto e prace ao orzamento e á planificación do presente exercicio, no que comeza a implantación do novo Plan Estratéxico.

 

Presentado o 'Libro branco sobre as Personas con Discapacidade Sobrevida en España'

Elaborado e editado polo CERMI, o documento denuncia a falta de "dispositivos e políticas públicas" para atender ás persoas afectadas.

 

Eliminado o despido automático por incapacidade permanente

O Senado aprobou a modificación do Estatuto dos Traballadores, que agora ordena a adaptación do posto ou a recolocación.

 

Por unha IA ética e respectuosa cos dereitos das persoas con discapacidade

Manifesto do CERMI polo Día Nacional en España da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

 

Nova edición do curso online sobre 'Sexualidade e dano cerebral adquirido'

A inscrición na actividade formativa, que se desenvolve desde hoxe, 7 de maio, ao 1 de xuño, aínda está aberta e é gratuíta.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

Dano Cerebral A Coruña ADACECO

O acto de conmemoración do 25 aniversario de Dano Cerebral A Coruña ADACECO encabeza o seu último boletín dixital. A cadea humana con forma de número '25' celebrou o cuarto de século de traballo polo dano cerebral.

Dano Cerebral Lugo

Dano Cerebral Lugo organizou a súa 1ª Xuntanza Inclusiva con alumnado de secundaria. Consistiu nun encontro de convivencia con estudantes do IES da Terra Cha no que houbo deporte, actividades e xogos adaptados.

Alento

Alento celebra un Festival Solidario polos seus 25 anos no que, entre outras actividades, van preparar a tortilla máis grande da historia de Vigo. Será o 24 de maio en Navia, desde as 17:00 ata as 23:00.

DCA Ourense

Obradoiro de Memoria: unha oportunidade para o benestar das persoas con dano cerebral. DCA Ourense organiza semanalmente sesións grupais de estimulación cognitiva nas que se traballan a atención e a concentración.

Dano Cerebral Santiago de Compostela

Dano Cerebral Santiago de Compostela cumpre o 19 de decembro 25 anos dedicados a axudar, apoiar e sensibilizar sobre o dano cerebral. Para celebrar este fito, preparan unha serie de actividades e eventos especiais.

 

AXENDA

Bolsa Colexio Maior San Agustín

 

Dano Cerebral Galicia colabora co Colexio Maior San Agustín, en Santiago de Compostela, para ofrecer unha bolsa dirixida a estudantes de novo ingreso nunha titulación oficial de grao na Universidade de Santiago de Compostela (excluído o campus de Lugo). Esta bolsa está destinada á estadía universitaria durante o curso 2025/2026. Consulta aquí os requisitos e prazos (solicitude aberta ata o 31 de maio!).

DESTACAMOS

Marca 'X Solidaria' na túa declaración

 

Cada ano a Administración permite que as e os contribuíntes decidan o destino do 0,7% dos impostos que se recadan mediante o IRPF. Marcando o cadro 106 de ‘fins sociais’ garantes que esa porcentaxe dos teus impostos se dedique a entidades sociais que realizan proxectos con colectivos en situación de vulnerabilidade, como as persoas e familias con dano cerebral adquirido. Lembra, nin pagas máis, nin che devolven menos. 

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja