Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº189] 

 

Mércores, 02/04/2025

Marca a X Solidaria na túa declaración da renda: non agardes a que o bo chegue, #FaiQuePase

Hoxe, 2 de abril, as federacións e redes que representamos ao Terceiro Sector galego na loita contra a pobreza e a exclusión social queremos facer unha chamada á sociedade para que na súa declaración da renda marque o recadro do X Solidario, de Actividades de Interese Social. Marcando o cadro 106, de "fins sociais", non pagas máis nin che devolven menos. Simplemente tes na túa man se queres que o 0,7% dos teus impostos se destine integramente a programas como os que desenvolvemos Dano Cerebral Galicia e as nosas cinco asociacións.

 

O movemento asociativo galego cumpre 25 anos de traballo e unión "polo dano cerebral"

Alento, Dano Cerebral A Coruña ADACECO e Dano Cerebral Santiago de Compostela acadan en 2025 o seu primeiro cuarto de século.

 

Espazos personalizados de realidade virtual na rehabilitación neurolóxica

A terapeuta ocupacional de Dano Cerebral A Coruña ADACECO Inés Cortés asina unha nova colaboración coa revista Consumer de Eroski.

 

Participamos nas Xornadas de Investigación sobre Discapacidade do INICO

A directora de Dano Cerebral Galicia, Leticia Vila, presentou a experiencia piloto de Servizos sociosanitarios de proximidade.

 

Visita ao CITIC para coñecer como empregar a realidade virtual na rehabilitación do DCA

O equipo técnico de Dano Cerebral Galicia desprazouse ao centro, da Universidade da Coruña, e testou ferramentas e lentes.

 

Dano Cerebral Galicia, finalista nos V Premios á Sanidade de Galicia de Redacción Médica

A Federación foi seleccionada na categoría de Asociación de Pacientes; a entidade galardoada, Asanog, coñeceuse nun acto organizado en Santiago o 13 de marzo.

 

Nova edición online do curso 'Alimentación, deglutición e nutrición no dano cerebral'

Dano Cerebral Galicia organiza a formación, que se desenvolve desde o 1 ao 30 de abril, e que están a seguir 36 persoas.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

Dano Cerebral A Coruña ADACECO

O boletín de Dano Cerebral A Coruña ADACECO chega cargado de información sobre terapias intensivas en neurorrehabilitación, saídas de ocio, ou a primeira convocatoria de conmemoración do 25 aniversario, o 9 de abril.

Dano Cerebral Lugo

Dano Cerebral Lugo pasou o mes de marzo de festa celebrando o entroido. As actividades lúdicas e de convivencia son unha parte fundamental da programación dos centros de atención diurna terapéutica.

Alento

Alento comezou as actividades de celebración do 25 aniversario cun acto que tivo lugar o 25 de marzo e no que anunciaron unha gran festa o 24 de maio. O 26 de marzo recibiron o recoñecemento de 'Viguesa Distinguida 2025'.

DCA Ourense

O grupo de 'estimulación cognitiva avanzada' estudou a Historia da Arte en DCA Ourense. A neuropsicóloga e as persoas con dano cerebral escollen xuntas a temática e elaboran a programación na área de 'Cultura Universal'.

Dano Cerebral Santiago de Compostela

José Balboa deixa a presidencia de Dano Cerebral Santiago de Compostela tras 25 anos de entrega ao movemento asociativo; sucédeo no cargo o presidente de Dano Cerebral Galicia, Luciano Fernández.

 

AXENDA

Charlas de 'Aproximación ao dano cerebral'

 

Dano Cerebral Galicia continúa co ciclo iniciado en marzo; unha serie de charlas que teñen como obxectivos informar sobre as causas -como o ictus ou os traumatismos cranioencefálicos-, describir as secuelas, sensibilizar sobre a prevención, e achegar referencias sobre os recursos de atención ao dano cerebral (adaptando a cada localidade ou comarca estas recomendacións). Consulta aquí a lista e inscríbete!

DESTACAMOS

Ocio inclusivo

 

O goce do tempo libre a través da participación social é unha parte fundamental da plena inclusión das persoas con dano cerebral adquirido. Dano Cerebral Galicia promove actividades de ocio inclusivo e tamén a formación dos axentes, persoas, institucións ou empresas que elaboran ou xestionan programacións ou instalacións culturais, deportivas... A vindeira cita será unha charla en Cambre o 23 de abril, de 16:00 a 17:15. 

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja