Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº194] 

 

Mércores, 03/09/2025

En marcha a metade das accións do Plan Estratéxico, que acadou o 35% das súas metas

Dano Cerebral Galicia acadou o 35% das accións previstas para realizar este ano e ten case a metade -o 44%- en proceso, xa iniciadas ou finalizadas e pendentes de avaliación final. O 14% de accións están datadas para realizar no segundo semestre, e un 7% foi reprogramado da primeira para a segunda metade de 2025. Así, a Comisión de Seguimento do Plan Estratéxico 2025-2028 de Dano Cerebral Galicia, que se reuniu a finais de xuño, determinou como "razoable" o nivel de cumprimento das obrigas marcadas no documento.

 

Organizamos un ciclo de obradoiros de cociña adaptada para persoas con disfaxia

Dano Cerebral Galicia formou a 56 persoas do movemento asociativo na preparación segura e apetitosa de alimentos.

 

Dano Cerebral Galicia ofrece ás empresas sesións formativas internas de prevención

A seguridade e saúde no traballo contribúen a evitar as causas de dano cerebral adquirido como o ictus ou os accidentes de tráfico.

 

Daño Cerebral Estatal celebrou '30 anos construíndo dignidade' para o colectivo

Organizaron unha gala na que se recontaron os retos e os avances, como o Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral Adquirido galego.

 

Atención comunitaria e promoción do benestar centran a Estratexia de Saúde Global 2025-2030

O documento do Ministerio de Sanidade alíñase cos ODS para abordar a cronicidade e fomentar a prevención e o envellecemento saudable.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

Dano Cerebral A Coruña ADACECO

Dano Cerebral A Coruña ADACECO conta cun centro de atención diúrna terapéutica no que se presta atención integral ás persoas e familias con dano cerebral adquirido. Atópase na súa sede de Culleredo.

Dano Cerebral Lugo

Dano Cerebral Lugo retoma o seu Obradoiro de Memoria tralo descanso do verán. Coordinado pola neuropsicóloga do centro, ten unha hora de duración e pretende manter e potenciar capacidades cognitivas e sociais.

Alento

A Escola DCA de Alento ofrece en setembro un obradoiro de hixiene postural ('Coidarnos e apoiar en transferencias e cambios posturais'). Pódese ir de mañá, o día 16, ou de tarde, o día 18. Inscrición aberta!

DCA Ourense

'Salta e non pares': unha actividade para mellorar a coordinación tralo dano cerebral adquirido. A área de fisioterapia de DCA Ourense traballa para mellorar a capacidade de realizar movementos de xeito preciso e ordenado.

Dano Cerebral Santiago de Compostela

Queres colaborar con Dano Cerebral Santiago de Compostela? As doazóns, xa sexa en cotas de socios, axudas puntuais ou colaboracións, poden desgravar ata un 80% do diñeiro achegado. Poden facerse desde a web.

 

AXENDA

Hábitos saudables na fin do verán

 

Van rematando as vacacións, pero aínda queda verán. Lembramos os consellos para uns hábitos saudables na época de máis calor. O perído estival é bo para o exercicio -mellor agora, con temperaturas máis baixas-, unha alimentación equilibrada ou para frear o estrés. Cómpre ter en conta tamén evitar os traumatismos cranioencefálicos por accidentes ou mergullos.

DESTACAMOS

Descarga o noso 'Caderno de autocoidado'

 

O 'Caderno de autocoidado para coidadoras de persoas con dano cerebral adquirido' define o labor de coidar, expón a sintomatoloxía da sobrecarga, achega pautas para fomentar a corresponsabilidade e proporciona consellos para o autocoidado cun enfoque práctico, contando con exercicios que serven de punto de partida para reflexionar sobre o propio papel como coidadora.

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja