'Cóidate: o 90% dos casos de ictus pódese previr' é o título do primeiro artigo do ano no marco da nosa colaboración con Consumer, a revista dixital de Eroski. Súmase, ademais, este mes, outra sinerxía: a que nos vincula coa Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC), e é que o artigo está asinado pola nosa técnica de Formación, Noelia Rivadas, xunto co membro de AGEFEC Eduardo Coto. A dúas mans, insisten nos principais factores de risco do ictus e en como manexalos.
|