Se non podes ver ben este boletín, preme aquí
|
|
|
|
Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº204] |
|
|
Aínda queda unha semana para inscribirse na Travesía a Nado Polo Dano Cerebral: o prazo está aberto ata o mércores 8 de xullo ás 23:59 h. Organizada por Dano Cerebral Galicia, Arousaman-Arousawoman, o Concello de Vilagarcía de Arousa, e a Fundación de Deportes municipal, a proba deportiva acada este 2026 a súa terceira edición. Unha proba totalmente aberta e inclusiva que conta con dúas modalidades: unha milla náutica (1.852 metros - 2 voltas), ou media milla (926 metros - 1 volta). Coa inscrición levas ademais unha camiseta conmemorativa, un gorro e unha toalla, ademais do avituallamento e máis cuestións que podes consultar, ademais de tramitar a túa inscrición, na web de Dano Cerebral Galicia para actividades deportivas: polodanocerebral.org.
|
|
|
|
160 organizacións sociais claman coa EAPN Galicia polo respecto fronte ao odio e a aporofobia O acto, que tivo lugar o día 17, conmemorou o Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, 18 de xuño.
A Asemblea de Daño Cerebral Estatal aproba os principais acordos e renova a directiva
Dano Cerebral Galicia agradece a Laura Abeledo, de Dano Cerebral Lugo, o seu labor de anos no cargo de vogal, que acaba de abandonar.
Cales son os principais factores de innovación que pode achegar a IA á abordaxe do dano cerebral?
A directora de Dano Cerebral Galicia, Leticia Vila, responde á cuestión e define os principais retos nun vídeo elaborado en colaboración co proxecto Transfire Saúde.
Montse Terceiro, da Rede de Cidadanía Activa, asesora sobre accesiblidade a Escena Galega
A asociación de empresas de artes escénicas detalla as necesidades físicas e tamén cognitivas que ten o colectivo de persoas con dano cerebral adquirido para poder acudir ao teatro. |
|
|
|
Dano Cerebral A Coruña ADACECO |
|
|
Dano Cerebral A Coruña viaxou a Redes e Ares na súa xornada de convivencia anual. Estes espazos de encontro permítenlles fomentar a participación, a autonomía e as relacións sociais das persoas con dano cerebral. |
|
|
Dano Cerebral Lugo: dous paseos para descubrir o patrimonio local. Colaboración coa UNED, a Fundación Breogán e o IES Terra Cha Trapero Pardo para reforzar tanto a aprendizaxe como a convivencia das persoas usuarias. |
|
|
Persoas usuarias de Alento van testar, coa supervisión do servizo de Medicina Física do Hospital de Vigo, uns robots de cabos creados pola UVigo para a rehabilitación. |
|
|
Obradoiro de manualidades: amosando o labor da Educación social no dano cerebral. DCA Ourense continúa informando e visibilizando diferentes aspectos da rehabilitación no contexto do centro de atención diúrna terapéutica. |
|
|
Dano Cerebral Santiago de Compostela |
|
|
As logopedas de Dano Cerebral Santiago de Compostela impartiron o 30 de xuño unha charla sobre disfaxia para profesionais do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Trazo, Ordes e Frades. |
|
|
'Contemos multitudes' en Lugo ata o día 30
Unha reflexión sobre o dó, sobre a readaptación tralo dano cerebral, foi a que sobrevoou cada un dos retratos de Fuco Reyes e das fotografías das persoas con DCA que compoñen a exposición ‘Contemos multitudes. Dano cerebral adquirido, onde as cousas perdidas volven estar ben’. Está en Lugo, no espazo O Vello Cárcere, ata o 30 de xullo. |
|
|
'X', a peza que completa a túa empresa
Do 1 ao 25 de xullo está aberto o período para presentar a declaración do Imposto de Sociedades. Dende 2018 existe a posibilidade, paralela á da declaración do IRPF, de destinar o 0,7% da tributación a fins sociais a través do cadro de 'Empresa Solidaria'. Marcala é moi sinxelo: só cómpre marcar o 00073 (no modelo 200) ou o 069 (no modelo 220). |
|
|
|
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela 881 943 148 • 659 177 709 |
|
|
|
|