Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº200] 

 

Mércores, 04/03/2026

Convenio coa Consellería de Educación para a mellora da atención ao alumnado con dano cerebral adquirido

Asinamos un novo convenio coa Consellería de Educación para mellorar a atención ao alumnado con dano cerebral adquirido. Desde 2022 chegamos a máis de 2.500 nenos e nenas coas nosas iniciativas para centros de ensino, que continúan este ano no marco do acordo coa Consellería: obradoiros Os Bolechas 'Mireia conta que é o dano cerebral adquirido', Fast Heroes, boccia, e máis novidades, como o acompañamento educativo.

 

Formación sobre 'Apoio de persoas con dano cerebral en residencias non especializadas'

Programadas dúas edicións, nos centros Servisenior Brión e Emera Group (Vigo), que tamén están abertas ao público xeral.

 

Organizamos dous obradoiros de produtos de apoio para persoas con dano cerebral

Impartidos pola terapeuta ocupacional, inclúen asesoramento individualizado e información sobre recursos de préstamo.

 

Continúa o ciclo de charlas de 'Aproximación ao dano cerebral' en Cambados

A sesión informativa terá lugar o 17 de marzo; presentouse nunha rolda de prensa no Concello do Salnés.

 

Dano Cerebral Estatal publica o seu caderno 24, sobre autonomía persoal a través do ocio inclusivo

O grupo de traballo contou coa presenza de profesionais de Dano Cerebral Galicia e Dano Cerebral Santiago de Compostela.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

Dano Cerebral A Coruña ADACECO

O boletín de Dano Cerebral A Coruña ADACECO está cargado de actividades solidarias, como o Festival Intercentros e o Taller Solidario das persoas socias do Espazo +60 de Afundación, que cedeu á entidade a súa recadación.

Dano Cerebral Lugo

Dano Cerebral Lugo colabora coa Fundación Breogán en accións de sensibilización escolares. As sesións informativas reservan un tempo para falar do deporte adaptado e presentar a boccia ao alumnado.

Alento

As persoas usuarias de Alento escolleron o espectáculo teatral 'No pasarán', na sala Ártika, para gozar do seu espazo de ocio cultural na comunidade. Acudiron, en dúas sesións, 25 persoas con dano cerebral.

DCA Ourense

'Grolos con textura': a abordaxe da disfaxia orofarínxea no dano cerebral adquirido. A asociación DCA Ourense explica a amplitude do labor dos equipos de logopedia a nivel de deglutición e de hidratación.

Dano Cerebral Santiago de Compostela

Posta en marcha do novo servizo de Podoloxía para persoas usuarias (proporcionado externamente polo podólogo Miguel Pumares Núñez), a través dunha sesión informativa inicial en Dano Cerebral Santiago de Compostela.

 

AXENDA

'Ictus' continúa a súa andaina polos escenarios con sesións ata maio

 

A obra de teatro 'ICTUS (a derradeira leición do Dr. Castelao)', do grupo Chévere, estreouse en Santiago o 20 de febreiro -coa presenza dunha delegación de Dano Cerebral Galicia- e continúa a súa xira polos escenarios galegos contribuíndo á sensibilización sobre o dano cerebral, discapacidade que ten a protagonista da peza.

DESTACAMOS

O boletín de Actualidade do Dano Cerebral fai hoxe 200 edicións!

 

O que acabas de recibir na túa caixa de correo é o boletín número 200 de Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia. Grazas por acompañarnos nesta andaina, se nos segues desde o inicio, con periodicidade quincenal, ou se acabas de incorporarte á familia de Dano Cerebral Galicia. Agardamos que che guste!

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja