Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Remata un ano cargado de novidades para as persoas con dano cerebral adquirido e para o noso tecido asociativo. Un ano de avances e logros que tamén definen os nosos novos retos; un 2024 no que culminamos o proceso de dotarnos dunha marca común para todo o movemento asociativo a nivel estatal, autonómico e local: agora somos Dano Cerebral Galicia.

 

Queremos compartir convosco a nosa ledicia polos pasos dados, e desexarvos, neste outono que remata, que pasedes unhas boas festas e que teñades un feliz e saudable 2025, cargado de prevención, dereitos e inclusión para as persoas e familias con dano cerebral adquirido.

 

Pregámosvos que fagades esta felicitación extensiva a todos os membros das xuntas directivas de cada unha das asociacións, así como ao conxunto das vosas bases sociais, familias e persoas con dano cerebral adquirido. Elas e eles son a principal motivación do noso traballo e quen máis desexamos que reciba esta mensaxe.

 

Deixámosvos, por último, na compaña de Historia(s) do dano cerebral adquirido: un percorrido pola abordaxe da nosa discapacidade desde hai séculos ata os nosos días, no que se evidencia a aceleración a nivel de conquistas desde a promulgación da Convención de Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU, así como do despregamento do tecido asociativo do dano cerebral.

 

Agardamos que vos guste... e seguir escribindo xuntos/as moitos novos capítulos!

 
ratio 
 
 
 
 

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja