Ao longo do mes de decembro Dano Cerebral Galicia publicou unha serie de crónicas a modo de resumo e avaliación das accións desenvolvidas no marco do 'Proxecto Rumbo: cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva'. Esta iniciativa que serviu impulsar, entre 2022 e 2024, o deseño e testeo de modelos innovadores de apoio á autonomía persoal e a vida independente.
As crónicas recollen as iniciativas de Dano Cerebral Galicia nas áreas de asistencia persoal, participación social, servizos sociosanitarios de proximidade, apoderamento e coñecemento sobre o dano cerebral en recursos residenciais non específicos da nosa discapacidade, e acompáñanse de tres montaxes audiovisuais creadas para amosar os resultados dos tres anos de traballo.
2024 pasado finalizou cun evento de clausura do proxecto, que tivo lugar en Madrid (Rumbo foi unha iniciativa que desenvolveron cinco confederacións doutras tantas discapacidades a nivel estatal), e no que participou a Rede de Cidadanía Activa de Persoas con Dano Cerebral.
A investigación cuantifica as consecuencias da aparición da discapacidade e ofrece medidas para reducir as desigualdades que xera.
AS NOSAS ASOCIACIÓNS
Dano Cerebral A Coruña ADACECO
O teatro como alternativa terapéutica e de inclusión social no dano cerebral adquirido: a Asociación Dano Cerebral A Coruña ADACECO inclúe a arte dramática na súa oferta de actividades de ocio e tempo libre.
Dano Cerebral Lugo
Dano Cerebral Lugo organiza obradoiros nos centros educativos da provincia. Diríxense ao ensino infantil, primaria e secundaria, e no que vai de curso xa informaron a arredor de 150 nenos e nenas.
Alento
O principal obxectivo de Alento é mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral. Por iso incorporaron á súa metodoloxía de traballo diario as seis áreas definidas na escala CAVIDACE, que expoñen na súa web.
DCA Ourense
Terapia ocupacional en DCA Ourense: un servizo que practica actividades no seu contexto real. Carlos é un usuario da asociación que, despois dun tempo traballando no manexo dos cartos, comezou a ir mercar o pan só.
Dano Cerebral Santiago de Compostela
Coincidindo coa festa de Nadal, José Balboa (presidente e unhas das persoas fundadoras e Dano Cerebral Santiago de Compostela) protagonizou o acto de colocación da primeira pedra das obras de ampliación da sede da entidade.
Dano Cerebral Galicia incorporou en decembro dúas novas profesionais ao seu equipo: unha traballadora social, María Gosende Blanco, e unha educadora social, Tsion Piñeiro Novoa. As dúas contratacións prodúcense no marco dos Programas de cooperación para o fomento do emprego en entidades social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cuxa duración é dun ano, ao 75% da xornada laboral. Engrosan un equipo técnico que compoñen arestora nove persoas.
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela