Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº202] 

 

Mércores, 06/05/2026

A Carreira e Andaina #PoloDanoCerebral chega este domingo a Lugo e aínda estás a tempo de inscribirte!

A muralla de Lugo xa está preparada para recibir ás corredoras, corredores e camiñantes que van participar na 5ª Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral. A actividade será este domingo pola mañá, e aínda hai tempo para inscribirse: exactamente ata mañá, xoves 7 de maio, ás 23:59 h. Non a perdas: farás deporte inclusivo e solidario, recibirás unha camiseta conmemorativa e optarás a tres fantásticos agasallos en sorteos só para as persoas inscritas. Toda a información e inscricións na web de Dano Cerebral Galicia para actividades deportivas: polodanocerebral.org.

 

Inscrición aberta, a prezo reducido ata o 30 de xuño, na 3ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral

A proba terá lugar o 11 de xullo na Praia do Preguntoiro (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa) e dá opción de nadar unha ou media milla.

 

Sesións informativas sobre ocio inclusivo e accesible para persoas con dano cerebral

Organizamos dúas charlas que van ter lugar na sede de DCA Ourense, o 26 de maio, e na de Alento, en Vigo, o 2 de xuño.

 

Recoñecemento 'Empresa galega comprometida coa detección da violencia de xénero'

A Xunta de Galicia certifica o compromiso de Dano Cerebral Galicia na prevención, sensibilización e identificación no eido laboral.

 

"Unha guía, unha conquista colectiva e unha promesa de futuro" para avanzar en dereitos

Manifesto do Movemento CERMI polo vixésimo aniversario da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

Dano Cerebral A Coruña ADACECO

Dano Cerebral A Coruña fixo pública a súa Memoria de Actividades 2025. Como un xornal, cada sección vai falando do equipo, dos servizos, das persoas usuarias, do avance das obras do novo centro ou do 25 aniversario.

Dano Cerebral Lugo

Nova camiseta de Dano Cerebral Lugo grazas á colaboración con Leandro Barea. Podes mercala na asociación e temporalmente na tenda de Leandro Barea, en ACTITUDY Concept Store, ou este domingo na Carreira.

Alento

Discamino contribúe ao benestar físico das persoas usuarias de Alento, para as que o exercicio non é só "facer deporte", senón unha ferramenta para recuperar autonomía, mellorar a saúde mentar e reconectar coa contorna.

DCA Ourense

'Spa pulmonar' para a mellora da voz e da respiración tralo dano cerebral adquirido: DCA Ourense explica como abordan desde logopedia o uso do nebulizador para manter a vía aérea limpa e hidratada.

Dano Cerebral Santiago de Compostela

Dano Cerebral Santiago de Compostela participou na campaña '12 comercios, 12 sensibilidades' grazas á Libraría Couceiro. En abril tiveron lugar diversas actividades nas que compartir experiencias e visibilizar o labor da entidade.

 

AXENDA

Simposio sobre o acceso á vivenda

 

EAPN Galicia organiza o 20 de maio o Simposio 'Así aseguran as entidades de acción social o acceso á vivenda'. No encontro vaise analizar o papel do Terceiro Sector no acceso á vivenda das persoas en situación de exclusión social co obxectivo de realizar novas propostas e iniciativas. Na Escola Galega de Administración Pública (Santiago) desde as 9:30 h.

DESTACAMOS

Marca 'X Solidaria' na túa declaración

 

Nin pagas máis nin che devolven menos. Marcar 'X Solidaria' na túa declaración da renda é un xesto lendario que agradecen miles de persoas en situación de vulnerabilidade. O 8 de abril comezou a campaña de recadación do IRPF 2025. No 2025, 793.189 contribuíntes galegos e galegas marcaron o recadro do X Solidario, recadándose 30.127.138 de euros.

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

FacebookX InstagramLinkedInYouTubeWeb Site

Darme de baja