Hoxe é o Día Internacional da Discapacidade e saímos á rúa pola diversidade e a inclusión. As asociacións locais de discapacidade convocan ata dez concentracións noutras tantas localidades Baixo o mesmo paraugas, co lema #Xente10. O CERMI Galicia organiza un acto institucional ás 12:00 na Cidade da Cultura, no que se presentará o vídeo 'Familia, onde empeza a forza'. Os actos lembrarán tamén o manifesto do Movemento CERMI: '40 anos de España na Unión Europea: sen dimensión social non hai Europa'.
Iniciativa da Fundación Aequitas, é un punto de encontro e diálogo entre xudicatura, fiscalía, notariado, avogacía e asociacionismo para promover a autonomía persoal.
DCA Ourense conta, nunha nova colaboración para Consumer, a revista de Eroski, a súa iniciativa de centro social para persoas en situación estable e con secuelas leves.
Este servizo vai estar xestionado pola Dirección Xeral de Tráfico e contará con profesionais do traballo social, psicoloxía e dereito.
AS NOSAS ASOCIACIÓNS
Dano Cerebral A Coruña ADACECO
Visita do alumnado de Terapia Ocupacional a Dano Cerebral ADACECO A Coruña. Entrevistáronse cunha persoa usuaria no marco dun proxecto de accesibilidade para estudar solucións ás súas barreiras diarias.
Dano Cerebral Lugo
Obradoiro de Fenda Dixital: fai as túas compras de Nadal de xeito seguro. A educadora social de Dano Cerebral Lugo impartiu unha sesión para familiares e persoas con dano cerebral adquirido.
Imos rodar! Aplicacións da cinta para camiñar durante as sesións de fisioterapia. DCA Ourense explica como empregan esta ferramenta deportiva nas sesións de rehabilitación de persoas con dano cerebral.
Dano Cerebral Santiago de Compostela
Dano Cerebral Santiago de Compostela protagoniza en decembro, pola man de Trisquel Artesanía, '12 comercios, 12 sensibilidades', unha iniciativa solidaria e de visibilización que parte do comercio local.
A exposición 'Contemos multitudes' xorde do Laboratorio Artístico e Creativo do Dano Cerebral, e inclúe 21 retratos de Fuco Reyes e 37 imaxes das persoas con dano cerebral adquirido participantes nos obradoiros de fotografía. Pode visitarse no andar 0 do Museo Gaiás, na Cidade da Cultura de Galicia, ata o 8 de decembro.
O 25 de novembro unímonos á Fundación CERMI Mujeres para denunciar que "o silencio faite cómplice" da violencia machista sobre as mulleres con discapacidade. Informamos sobre as iniciativas gobernamentais para a súa erradicación, e informamos sobre o seu rol tamén como causa de discapacidade.
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela