Se non podes ver ben este boletín, preme aquí
|
|
|
Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº185] |
|
|
Preto de 90 persoas, entre representantes institucionais, integrantes do movemento asociativo do dano cerebral e profesionais de distintas entidades e eidos sociosanitarios, asistiron o pasado 9 de novembro á 'Xornada sobre o Dano Cerebral: dende o asistencialismo ao pleno exercicio de dereitos'. Ademais da conferencia de Inmaculada Gómez e das distintas mesas, sobre historia da abordaxe e da atención ao dano cerebral, así como de iniciativas cun enfoque de dereitos, na Xornada asistiuse á entrega do 12º Premio Dano Cerebral Galicia - Miguel Blanco ao CPAP de Bergondo, que recolleu o seu director, Franciso Nieto.
Presentamos aquí unha crónica do encontro e dispoñibilizamos os vídeos completos de todas as intervencións. |
|
|
Dano Cerebral A Coruña ADACECO |
|
|
A colaboración co CITIC encabeza o boletín de Dano Cerebral A Coruña ADACECO, que tamén inclúe unha chea de información de Nadal, como a crónica do xantar de socios e socias e o anuncio de venda de lotaría da asociación. |
|
|
Dano Cerebral Lugo vén de renovar a súa colaboración coa Fundación Breogán no Proxecto Persoas. Diríxese a menores de 21 anos e procura difundir a práctica do baloncesto adaptado, con adestramentos cada semana. |
|
|
Proxecto de benestar físico para persoas con dano cerebral adquirido: unha iniciativa da área de Calidade de Vida para coñecer e controlar o corpo, fomentando a autonomía persoal. |
|
|
DCA Ourense emprega o xogo como técnica para promover a rehabilitación, neste caso, a nivel de logopedia. DCA Ourense atende a máis de 40 persoas con dano cerebral adquirido nesta área. |
|
|
Dano Cerebral Santiago de Compostela |
|
|
Dano Cerebral Santiago de Compostela organizou unha xuntanza de familias que participaron nun obradoiro de baile e nun xantar para celebrar o Día das Persoas Coidadoras. |
|
|
** O boletín de Actualidade do Dano Cerebral Adquirido regresa á túa caixa de correo o 15 de xaneiro. Dano Cerebral Galicia deséxache que pases unhas felices e saudables festas,e unha boa entrada en 2025. ** |
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela 881 943 148 • 659 177 709 |
|
|
|