O recen estreado Plan Estratéxico de Dano Cerebral Galicia conta con cinco liñas estratéxicas, outros tantos obxectivos estratéxicos, 12 obxectivos operativos e unha previsión de 53 accións que colaborarán para o seu cumprimento, xunto con 43 indicadores de seguimento. Estes divídense entre os de proceso -anuais, vinculados ás programacións operativas-, de produto -relacionados tamén co POA, así como coas avaliacións intermedias-, e de efecto -cos que se medirán os resultados finais-.
Vai rexer o labor da Federación desde 2025 a 2028, orientándose a "promover o coñecemento e para mellorar a calidade de vida e o pleno exercicio de dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e da súa contorna". O novo Plan Estratéxico foi elaborado co apoio de Análisis y Desarrollo Social Consultoría, grazas ao labor dun grupo de traballo constituído con persoal técnico e membros da Xunta Directiva da Federación e das súas asociacións.
|