Se non podes ver ben este boletín, preme aquí
|
|
|
Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº195] |
|
|
Dano Cerebral Galicia leva meses colaborando coa Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC) na elaboración do folleto 'Cóidate. Desmontando mitos para a prevención do ictus', e a 'Axenda da prevención do ictus'. Ambos materiais informativos vanse presentar na Xornada, que terá lugar na tarde do 29 de outubro, Día Mundial do Ictus, no Salón de Actos da Consellería de Sanidade, o mesmo organismo que concedeu á Xornada o recoñecemento de Interese Sanitario. A inscrición está aberta, é de balde, e tramítase cubrindo este formulario. Trátase do primeiro anuncio do ciclo de conmemoracións arredor do Día Nacional do Dano Cerebral (26 de outubro). Proximamente iremos dando a coñecer máis actividades!
|
|
|
Dano Cerebral A Coruña ADACECO |
|
|
Presentada a vindeira edición do Festival Intercentros 2026 na Coruña. O certame educativo e solidario terá a Dano Cerebral A Coruña ADACECO como unha das asociacións beneficiarias. |
|
|
O grupo 'Asesores' de Dano Cerebral Lugo mantivo a primeira xuntanza do curso. Estableceron como prioridade a realización de accións de avaliación da accesibilidade física e cognitiva de espazos públicos da cidade. |
|
|
O equipo de profesionais de Alento formouse en Comunicación non violenta. Case 60 profesionais da asociación viguesa participaron nunha formación intensiva guiada por formador Chavi Nieto. |
|
|
Adestramento con pelotas de tenis para a recuperación física en DCA Ourense. Recursos do servizo de terapia ocupacional para reforzar a coordinación dos dous brazos e entre o ollo e a man. |
|
|
Dano Cerebral Santiago de Compostela |
|
|
Dano Cerebral Santiago de Compostela trasladoulle ao conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, as necesidades e demandas do colectivo nesta materia, amosándolle o servizo de orientación laboral. |
|
|
Charlas nos Espazos +60 de Afundación
Pensando especialmente na poboación maior de 65 anos, organizamos, coincidindo co mes do dano cerebral adquirido, un ciclo de charlas de sensibilización e prevención que vai ter lugar nos Espazos +60 de Afundación das cidades de Ourense, Ferrol, Betanzos, Lugo, Pontevedra, Viveiro, Pontedeume, Monforte, Santiago e Vigo. |
|
Día do Dano Cerebral 2025
Cada 26 de outubro celébrase o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, unha conmemoración decretada en 2007 polo Consello de Ministros co obxectivo de mobilizar á sociedade e de implicala na prevención desta discapacidade. Atención ás webs e redes sociais das nosas asociacións e de Dano Cerebral Galicia: hoxe comeza un mes cheo de actividade! |
|
|
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela 881 943 148 • 659 177 709 |
|
|
|