Se non podes ver ben este boletín, preme aquí
|
|
|
Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº192] |
|
|
A veciñanza de Navia, todos os vigueses e viguesas, e a cidadanía galega en xeral, está chamada a percorrer as rúas do barrio que é sede de Alento este domingo 6 de xullo na 4ª Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral, que este ano celebra, ademais os 25 anos das nosas tres asociacións decanas. Se non te inscribiches, tes ata hoxe ás 23:59 hh para facelo na plataforma Magma Sports. E se non podes asistir, o Dorsal 0 vai permanecer aberto ata o domingo. Hai ducias de trofeos, medallas, agasallos e sorteos, contando entre eles unha camiseta do RC Celta asinada!
|
|
|
Dano Cerebral A Coruña ADACECO |
|
|
Impúlsame presenta a plataforma de rehabilitación Kuracy en Dano Cerebral A Coruña. O software permite traballar a mobilidade física e aspectos cognitivos empregando a realidade virtual e leva meses probándose na asociación.
|
|
|
Dano Cerebral Lugo organizou un picnic no Miño para darlle a benvida ao verán. Ademais do xantar e da festa, contaron cun obradoiro sobre o mundo da apicultura realizado por Mel Toxial Riba. |
|
|
Dano Cerebral Santiago de Compostela |
|
|
O sábado 5 de xullo todas as persoas que o desexen poderán celebrar con Dano Cerebral Santiago de Compostela '25 Anos de retos superados' na foliada que organizan no campo da festa do Castiñeiriño. |
|
|
Discamino apóiate na Andaina
Discamino, 10º Premio Dano Cerebral Galicia - Miguel Blanco (2022), pon a disposición de Dano Cerebral Galicia o seu voluntariado e vehículos adaptados para facilitar a participación na Andaina. Se tes dano cerebral adquirido ou calquera outra discapacidade e precisas do seu apoio para participar na andaina, de 5,5 km, podes solicitalo chamando ao 881 943 148 ou enviando un correo a info@danocerebralgalicia.org.
|
|
Prevención do dano cerebral adquirido
O dano cerebral adquirido é unha discapacidade adquirida que pode chegar á vida dunha persoa en calquera momento. Con todo, as súas causas, xa sexan doenzas ou traumatismos, pódense previr na maioría dos casos. Uns hábitos de vida saudables, como os que promove a nosa carreira e andaina, evitando o sedentarismo, poden evitar o 90% dos casos de ictus. |
|
|
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela 881 943 148 • 659 177 709 |
|
|
|