Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº191] 

 

Mércores, 04/06/2025

Vigo acolle a 4ª Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral

A nosa Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral viaxa este ano a Vigo. Trátase dunha proba deportiva que busca promover uns hábitos saudables para a prevención do ictus, ensibilizar sobre o dano cerebral, e celebrar o aniversario, este 2025, das asociacións da Coruña, Santiago e Vigo. Precisamente será nas rúas do barrio de Navia, sede de Alento, onde van decorrer os 5 quilómetros de carreira e 5,5 de andaina desta 4ª edición da proba que festexa #25AnosPoloDanoCerebral. A cita é o domingo 6 de xullo e a inscrición está aberta e tramítase na plataforma Magma Sports.

 

Ampliado ata o 22 de xuño o prazo de solicitude da bolsa no Colexio Maior San Agustín

Diríxese a familiares ou persoas con dano cerebral, para a estadía de alumnado de novo ingreso na USC, en Santiago de Compostela, no curso 2025/2026.

 

O 8º Encontro de Profesionais reuniu a 107 traballadores/as das nosas asociacións

Dedicado a 'Innovación e investigación no dano cerebral adquirido', revisou avances científicos na atención a esta discapacidade.

 

O Foro Galicia de Discapacidade analizou os problemas de accesibilidade na banca

A entidade que promove a Fundación Aequitas, na que participa asesor xurídico de Dano Cerebral Galicia, reuniuse o 21 de maio.

 

Novo Convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade

Dano Cerebral Galicia elaborou un resumo coas principais novidades do acordo que rexe as relacións laborais da Federación e asociacións.

 

'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema' en colaboración con EuroEume

Presentamos dúas proxeccións do filme Fálame de ti, sobre un home que tivo un ictus (onte en Pontedeume, e mañá xoves nas Pontes).

 

'Eu decido': Dano Cerebral Santiago de Compostela actúa e acompáñame

A coordinadora do Servizo de Atención Diúrna terapéutica da entidade, Mónica Serrano Soto, asina unha nova colaboración con Consumer.

 

Colaboramos con Cruz Vermella na Coruña nun curso sobre 'Apoio no fogar' ao dano cerebral

O centro de formación imparte as titulacións de 'Coidados auxiliares de enfermería' e 'Atención a persoas en situación de dependencia'. Tamén está a decorrer unha edición online da mesma formación.

 

Marca a X Solidaria na túa declaración da renda: non agardes a que o bo chegue, #FaiQuePase

Marcando o cadro 106, de "fins sociais", non pagas máis nin che devolven menos; só decides que se fai co 0,7% dos teus impostos.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

Dano Cerebral A Coruña ADACECO

ENKI compartiu con Dano Cerebral A Coruña as súas iniciativas de ocio inclusivo. A Fundación, con sede na mesma cidade, compartiu coa asociación de dano cerebral adquirido os seus vehículos adaptados.

Dano Cerebral Lugo

Dano Cerebral Lugo participou nun obradoiro de musicoterapia no Centro de Día de Begonte. A asociación de dano cerebral foi convidada polo Proxecto de Aprendizaxe Colaborativa do espazo de maiores da localidade veciña.

Alento

Na Memoria 2024 de Alento recóllense os principais fitos do ano; salientan o aumento de prazas no servizo residencial ou a mellora do financiamento dos servizos por parte da Consellería de Política Social.

DCA Ourense

Excursión cultural de DCA Ourense polo concello de Xunqueira de Espadañedo. A iniciativa e proposta partiu dunha das persoas usuarias da entidade, e foi organizada pola área de educación social.

Dano Cerebral Santiago de Compostela

Visita da alcaldesa de Santiago, Goretti San Sanmartín, e da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, para coñecer os proxectos da asociación, como a ampliación da sede e a celebración do 25 aniversario.

 

AXENDA

Charla de 'Aproximación ao Dano Cerebral Adquirido' en Oia

 

O 11 de xuño levamos a Oia unha charla que ten como obxectivos informar sobre as causas -como o ictus ou os traumatismos cranioencefálicos-, describir as secuelas, sensibilizar sobre a prevención, e achegar referencias sobre os recursos de atención ao dano cerebral adquirido dispoñibles na contorna da localidade do Baixo Miño. Será ás 16:30 nas Escolas de Loureza, e aínda que é de balde cómpre inscribirse.

DESTACAMOS

Servizo de Asesoramento e Préstamo de Produtos de Apoio

 

Dano Cerebral Galicia vén de lanzar un Servizo de asesoramento e préstamo de produtos de apoio dirixido a persoas socias das súas entidades. Esta iniciativa está deseñada para fomentar a autonomía persoal do colectivo, facilitando o acceso aos produtos de apoio, así como á formación sobre o emprego dos mesmos. É gratuíto e xestiónase a través do servizo de terapia ocupacional de cada asociación.

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja