Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Remata un ano cargado de novidades para as persoas con dano cerebral adquirido e para o noso tecido asociativo. Un ano de avances e logros que tamén definen os nosos novos retos; un 2024 no que culminamos o proceso de dotarnos dunha marca común para todo o movemento asociativo a nivel estatal, autonómico e local: agora somos Dano Cerebral Galicia.

 

A colaboración coas diferentes instancias que compoñedes o puzzle que proporciona asistencia sanitaria ás persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias, desde a primeira chamada a emerxecias ata a unidade de ictus, a avaliación para a rehabilitación, ou o seguimento en atención primaria, é fundamental para o benestar do noso colectivo e para afondar no exercicio dos seus dereitos. Únenos aínda máis, agora, a posta en marcha do Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral Adquirido, que agardamos que dea grandes froitos ao longo de 2025.

 

Queremos compartir convosco a nosa ledicia polos pasos dados, agradecer a colaboración, e desexarvos que pasedes unhas boas festas e que teñades un feliz e saudable 2025, cargado de prevención, dereitos e inclusión para as persoas e familias con dano cerebral adquirido.

 

Deixámosvos, por último, na compaña de Historia(s) do dano cerebral adquirido: un percorrido pola abordaxe da nosa discapacidade desde hai séculos ata os nosos días, no que se evidencia a aceleración a nivel de conquistas desde a promulgación da Convención de Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU, así como do despregamento do tecido asociativo do dano cerebral.

 

Agardamos que vos guste... e seguir escribindo xuntos/as moitos novos capítulos!

 
ratio 
 
 
 
 

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja