A Asemblea Xeral Ordinaria de Dano Cerebral Galicia reuniuse o sábado 21 de marzo na sede da Federación, en Santiago de Compostela. O máximo órgano da Federación aprobou a Memoria de actividades e as contas anuais de 2025, así como a planificación orzamentaria de 2026, o segundo ano de implantación do Estratéxico 2025-2028. Toda a documentación está dipoñible para consulta no apartado de Transparencia da web.
Programadas dúas edicións, nos centros Servisenior Brión (foi en marzo) e Emera Group Vigo. Esta última vai ter lugar o 8 e 9 de abril, e está aberta ao público xeral e aínda ten prazas dispoñibles.
A directora, Leticia Vila, e o presidente de Dano Cerebral Galicia, Luciano Fernández, interviñeron nunha mesa de boas prácticas.
AS NOSAS ASOCIACIÓNS
Dano Cerebral A Coruña ADACECO
O Festival Intercentros 2026 dedicou parte dos seus fondos a Dano Cerebral A Coruña. A asociación compartiu a recadación da gala educativa, musical e solidaria celebrada o 13 de marzo xunto coa entidade Boanoite.
Dano Cerebral Lugo
Dano Cerebral Lugo visitou a Cadena Ser local para falar do seu proxecto 'Lerflix'. Trátase dun grupo de debate online no que as persoas usuarias da entidade comparten impresións sobre libros, series e películas.
Alento
A EscolaDCA de Alento desprazouse ao IES A Guía, de Vigo, para compartir unha xornada de sensibilización e formación moi especial co alumnado do Ciclo Superior de Acondicionamento Físico (TSAF).
DCA Ourense
DCA Ourense nace das familias e mantén a esencia asociativa nos seus servizos. A entidade de dano cerebral da cidade das Burgas quere lembrar que foi desde a base como construíron os seus servizos.
Dano Cerebral Santiago de Compostela
Dano Cerebral Santiago de Compostela asinou un acordo con Bera Óptica para ofrecer descontos en óptica (monturas e lentes) e audioloxía para as persoas socias da entidade.
A terapeuta ocupacional de Dano Cerebral Galicia, Inés Mosquera, vai participar o vindeiro 16 de abril nun seminario online organizado pola EAPN Galicia que leva por título Desinstitucionalización: claves para avanzar cara novos modelos de autonomía persoal. Presentará as iniciativas desenvolvidas dentro do Proxecto Rumbo, que despregamos entre 2022 e 2024.
Nin pagas máis nin che devolven menos. Marcar 'X Solidaria' na túa declaración da renda é un xesto lendario que agradecen miles de persoas en situación de vulnerabilidade. O 8 de abril comeza a campaña de recadación do IRPF 2025, e as entidades do terceiro sector presentamos na mañá do martes, día 7, en Santiago de Compostela, os datos da X Solidaria.
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela