A necesidade de preservar o autocoidado multiplícase cando o dano cerebral adquirido irrompe nunha unidade familiar. Os roles modifícanse totalmente e a persoa que presta apoios sofre un enorme impacto no seu día a día, cun alto risco de sobrecarga. Aproveitamos o Día Mundial do Autocoidado (24 de xullo) para presentar o 'Caderno de autocoidado para coidadoras de persoas con dano cerebral adquirido'. Tamén houbo oco para falar do Caderno e da necesidade de autocoidado con Ángeles Rozas, coidadora e presidenta de Dano Cerebral Lugo, en Praza Pública.
Participación récord na proba deportiva que vai percorreeu as rúas do barrio vigués de Navia o 6 de xullo: videocrónica aquí.
AS NOSAS ASOCIACIÓNS
Dano Cerebral A Coruña ADACECO
Cheo total na xornada de convivencia para darlle a benvida ao verán en Culleredo. Dano Cerebral A Coruña ADACECO organizou a súa tradicional sardiñada para persoas usuarias, familiares e profesionais.
Dano Cerebral Lugo
Dano Cerebral Lugo deséxanos boas vacacións cun divertido vídeo de verán. A peza está protagonizada por todo o equipo profesional e polas persoas usuarias das terapias e do centro de día da asociación.
Alento
Unha iniciativa de apoio ao pequeno comercio de Vigo reivindicou a beleza desde cánones diversos: as persoas usuarias de Alento exerceron de modelos por un día no Auditorio do Mar.
DCA Ourense
Videoxogos: solucións para a rehabilitación segundo os gustos da persoa con dano cerebral. Un usuario de DCA Ourense emprega a Wii para conducir e de paso adestrar capacidades coa neuropsicóloga mentres se divirte.
Dano Cerebral Santiago de Compostela
Marta Vázquez, que ten dano cerebral e é socia de Dano Cerebral Santiago de Compostela, completou a súa primeira travesía a nado en augas abertas Arousaman-Arousawoman o sábado 26 de xullo.
Dano Cerebral Galicia iniciou un parón vacacional que mantén a Federación pechada do 1 ao 24 de agosto. Porén, recomendamos que os hábitos saudables non descansen. O perído estival é favorable para o exercicio, unha alimentación equilibrada ou para frear o estrés. Cómpre ter en conta tamén evitar os traumatismos cranioencefálicos por accidentes ou mergullos.
Establecemos sinerxías para cumprir cos nosos obxectivos. No que respecta á loita contra a pobreza e a exclusión social, formamos parte da EAPN Galicia. Con esta rede aprobamos o pasado 18 de xuño, Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, a declaración 'Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia'.
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela