A terceira edición da Travesía a Nado que organizamos con Arousaman, co Concello de Vilagarcía e coa Fundación de Deportes municipal marcou a consolidación desta proba, que foi record de inscrición. Tivo lugar na Praia do Preguntoiro, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) o 11 de xullo. Contamos cunha ampla galería de imaxes ás que se sumaron as fotografías en apnea de Cristina Camacho.
Esta reformulación consolida a perspectiva da desinstitucionalización, garante o financiamento e simplifica a burocracia.
AS NOSAS ASOCIACIÓNS
Dano Cerebral A Coruña ADACECO
Coidando ás que persoas que coidan: ioga para familias en Dano Cerebral A Coruña. Promóvese o seu benestar integral mediante espazos de apoderamento e hábitos saudables que fomenten a saúde cerebral e emocional.
Dano Cerebral Lugo
Dano Cerebral Lugo organizou a primeiros de xullo o seu pícnic anual na ribeira do Miño. A asociación celebra cada fin de curso un encontro no que persoas usuarias, familiares e persoal técnico comparten xantar campestre.
Alento
Alento celebra que Bea e Óscar, usuaria e usuario da entidade, completaron a Travesía a Nado #PoloDanoCerebral, despois de meses adestrando dentro do programa de natación adaptada da asociación de dano cerebral de Vigo.
DCA Ourense
Parece a hora do xantar en DCA Ourense... pero é a hora de Terapia ocupacional! As profesionais reforzan o emprego da man afectada polo dano cerebral favorecendo a realización dunha actividade real e significativa.
Dano Cerebral Santiago de Compostela
Xornada de pádel surf adaptado para persoas con dano cerebral adquirido. Actividade organizada polo Servizo de Información e Asesoramento de Dano Cerebral Santiago de Compostela.
A Asistencia persoal é un recurso de atención imprescindible, pero aínda pouco desenvolvido. Dano Cerebral Galicia organiza en setembro esta formación online de 50 horas para tratar de promover a especialización de profesionais da atención formal, mellorando a calidade da atención que reciben as persoas con dano cerebral. Inscrición, de balde, aquí.
A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU fai 20 anos este 2026. As entidades do CERMI Galicia queremos conmemoralos cunha campaña na que explicamos o cambio de paradigma que supuxo. Comezamos en xuño explicando o cambio a un modelo de dereitos, e seguimos en xullo falando do dereito á rehabilitación.
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela