Mercar nos supermercados Eroski en xaneiro ten premio para as persoas con dano cerebral adquirido, xa que Dano Cerebral Galicia é unha das entidades beneficiarias do seu 'Plan Solidaridad'. Ata o 28 de xaneiro, pódese colaborar co Laboratorio Artístico do Dano Cerebral Adquirido (do que saíu esta fotografía, na súa edición de 2025) participando co pequeno redondeo que che ofrecen ao pagar, nas caixas do supermercado, ou realizando directamente unha achega en Worldcoo.
A fenda con respecto ás persoas sen discapacidade tamén se ve nos salarios, dun 18%, e no paro, que acada o 18,5%.
AS NOSAS ASOCIACIÓNS
Dano Cerebral A Coruña ADACECO
Nova funcionalidade para facer máis inclusiva a web de Dano Cerebral A Coruña ADACECO: a asociación incorporou unha ferramenta de lectura que garante o acceso a toda información das persoas con discapacidade visual.
Dano Cerebral Lugo
Axudando a comprender o dano cerebral adquirido ás persoas máis pequenas da casa. Dano Cerebral Lugo organiza un 'obradoiro vivencial' destinado a fillos/as e netos/as das súas persoas usuarias.
Alento
Alento rematou o ano cunha chea de celebracións: festa de Nadal no centro o día 19, Xuntanza de Nadal de profesionais, e outra Festa de Nadal máis o día 20, con desfile de moda inclusiva. Todas as fotos aquí.
DCA Ourense
'Quen é quen?': como adestrar funcións cognifitivas e pasar un bo rato en DCA Ourense. Os xogos que temos pola casa tamén poden axudarnos á rehabilitación tralo dano cerebral adquirido, cunha perspectiva lúdica.
Dano Cerebral Santiago de Compostela
Culminou un ano de celebración do 25 aniversario de Dano Cerebral Santiago de Compostela cun multitudinario acto na Cidade da Cultura. A asociación publicou, ademais, tres vídeos nos que repasa estres cinco lustros de vida.
O grupo Chévere estrea o 20 de febreiro a obra 'ICTUS (a derradeira leición do Dr. Castelao)' no Auditorio de Galicia, en Santiago. A obra, que reflexiona sobre a memoria individual e colectiva, contou co asesoramento de Dano Cerebral Galicia e fíase arredor dunha personaxe que ten dano cerebral adquirido.
A plena inclusión social das persoas con dano cerebral adquirido implica tamén a participación en igualdade de condicións en actividades culturais e deportivas no seu tempo libre. Nesta sección detallamos todas as nosas iniciativas, incluíndo asesoramentos como o que realizamos á compañía de teatro Chévere.
Dano Cerebral Galicia
Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela