Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº196] 

 

Mércores, 05/11/2025

Contemos multitudes. Dano cerebral adquirido, onde as cousas perdidas volven estar ben

Multitude de secuelas, multitude de persoas, multitude de sensacións de ida e volta, do antes e o despois desta discapacidade adquirida que o cambia todo para a persoa e para a súa familia e contorna social. Esta reflexión sobre o dó, sobre o cambio e sobre a readaptación foi a que sobrevoou cada un dos retratos dunha mostra que conta con 21 fotografías de Fuco Reyes, e 37 máis creadas nas nosas cinco asociacións polas persoas participantes en 2025 no Laboratorio Artístico e Creativo do Dano Cerebral. Inaugurouse o 22 de outubro, mes do dano cerebral adquirido. Visítaa no Museo Gaiás, na Cidade da Cultura, ata o 8 de decembro!

 

Desmontamos mitos para a prevención do ictus en colaboración coa enfermería comunitaria

Presentamos a 'Axenda da prevenición do ictus' e 'Cóidate', materiais informativos para o control dos factores de risco elaborados coa Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria, na Xornada de Prevención do Ictus (Consellería de Sanidade, 29 de outubro).

 

30 anos construíndo dignidade: manifesto polo Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido

O movemento asociativo organizou ducias de conmemoracións arredor do domingo 26 de outubro -que se estenderon ata o 29, Día Mundial do Ictus- nas que se leu este texto.

 

Participamos na delegación de Daño Cerebral Estatal que visitou o Europarlamento

A Federación trasladou a instancias comunitarias a necesidade dunha codificación para o dano cerebral adquirido.

 

A Xunta anunciou a posta en marcha o 1 de novembro dunha unidade de ictus en Ourense

Co CHUO son cinco os hospitais do Sergas con esta prestación; xa a tiñan os centros de referencia da Coruña, de Santiago de Compostela, de Vigo e de Lugo.

 

Acordo con Política Social para o financiamento da ampliación do centro de Dano Cerebral Santiago

DCA Ourense gaña o premio de Innovación en Saúde da ACIS na categoría de iniciativas de asociacións de pacientes.

 

Mellorando o acompañamento do hospital ao servizo de rehabilitación

DCA Ourense gaña o premio de Innovación en Saúde da ACIS na categoría de iniciativas de asociacións de pacientes.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

Dano Cerebral A Coruña ADACECO

Dano Cerebral A Coruña ADACECO destaca no seu último boletín a convocatoria do curso 'Proceso de razoamento clínico interdisciplinar en reurorrehabilitación', que se vai desenvolver en xaneiro, entre outras novidades asociativas.

Dano Cerebral Lugo

Dano Cerebral Lugo organizou o seu III Torneo de Boccia para familias. Participaron dez equipos compostos por unha persoa con dano cerebral máis un ou dous parentes, nunha actividade destinada a reforzar lazos na base social.

Alento

"A rehabilitación tralo ictus é lenta pero hai avances": Alento reivindica no Atlántico Diario a creación dun código de dano cerebral adquirido á alta hospitalaria e pide o arranque do Proceso Asistencial Integrado.

DCA Ourense

Como atar os cordóns dos zapatos cunha soa man se tes dano cerebral? O servizo de terapia ocupacional de DCA Ourense promove a autonomía persoal do colectivo amosando unhas sinxelas instrucións para esta actividade cotiá.

Dano Cerebral Santiago de Compostela

Concerto Solidario polo 25 Aniversario de Dano Cerebral Santiago de Compostela: sábado 15 de novembro ás 19:00 no auditorio do CIFP Politécnico de Santiago. Merca a túa entrada ou doa á Fila 0 na web da asociación.

 

AXENDA

Charlas nos Espazos +60 e en concellos

 

Pensando especialmente na poboación maior de 65 anos, organizamos un ciclo de charlas de sensibilización e prevención nos Espazos +60 de Afundación que continúa en novembro en Viveiro, Pontedeume, Monforte, Santiago e Vigo. Tamén programamos charlas de 'Aproximación ao dano cerebral' nos concellos da Guarda, A Bola e Cuntis.

DESTACAMOS

Contemos Multitudes

 

A exposición 'Contemos multitudes' xorde do Laboratorio Artístico e Creativo do Dano Cerebral, e inclúe 21 retratos de Fuco Reyes e 37 imaxes das persoas con dano cerebral adquirido participantes nos obradoiros de fotografía. Ten vontade itinerante -anunciaranse datas en 2026- e o proxecto inclúe tamén a publicación dun libro a modo de catálogo ampliado.

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

Darme de baja