A Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido 2026 xa ten data e temática, e tamén a inscrición aberta. A cita vai ter lugar o sábado 7 de novembro en Santiago de Compostela, no Edificio Cersia (Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n - San Lázaro), e vai estar dedicada á 'Accesibilidade universal'. O horario irá desde as 9 da mañá ata as 6 da tarde, ofrecendo un café e o xantar ás persoas asistentes. Aínda que faltan por confirmar algúns detalles do programa, a inscrición está aberta aquí.
|