Se non podes ver ben este boletín, preme aquí

 

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [nº206] 

 

Mércores, 02/09/2026

III Carreira de Orientación polo Ictus en beneficio de Dano Cerebral Galicia

A III Carreira de Orientación Solidaria polo Ictus chega o 27 de setembro á Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Organizada polo Grupo Ictus Traslacional (Treat) -coa colaboración do Club Aromon de Pontevedra- para sensibilizar sobre esa doenza, alíase con Dano Cerebral Galicia para lle destinar a recadación solidaria da proba. A inscrición está aberta e é de balde; podes colaborar connosco realizando unha doazón!

Non só falan as palabras: guía para nomear correctamente o dano cerebral adquirido

No almorzo informativo que organizamos co Colexio de Xornalistas presentamos unhas pautas para empregar unha linguaxe inclusiva.

 

Novos documentos reguladores para a mellora da calidade e da transparencia

A Xunta Directiva de Dano Cerebral Galicia deu o visto bo ás políticas de conflitos de interese, selección de provedores e xestión das doazóns.

 

Un real decreto regula a colaboración do Terceiro Sector coa Administración do Estado

A orde, aprobada en xullo, reforza o papel do tecido asociativo establecendo un marco estable para coordinar o labor dos dous axentes.

 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS

 

Dano Cerebral A Coruña ADACECO

Dano Cerebral A Coruña retomou a actividade acompañando a Marité facer a compra ao supermercado. Porque en terapia ocupacional trabállase en situacións do día a día, gañando independencia, autonomía e confianza.

Dano Cerebral Lugo

Obradoiros astronómicos para preparar o visionado da eclipse en Dano Cerebral Lugo. A neuropsicóloga da asociación organizou varias sesións informativas para coñecer e apreciar mellor este fenómeno.

Alento

Capacitando e apoderando ás persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias: tres novas formacións da EscolaDCA virtual de Alento: mobilizacións, comunicación e calidade de vida familiar.

DCA Ourense

O mimo: traballando a coordinación motora a través de ordes verbais e imitación. DCA Ourense explica o traballo de rehabilitación neuropsicolóxica da apraxia a través de diferentes actividades.

AXENDA

Formación e sensibilización co Grupo Tragsa

 

Charlas de Aproximación ao Dano Cerebral en Vilasantar, Portomarín, Irixoa e Monterroso; Obradoiro de Autocoidados no Pino, Dodro, San Sadurniño e Mesía, e outras formacións sobre Apoio no fogar ou Alimentación, deglutición e nutrición, compoñen o programa de actividades organizadas grazas á convocatoria Solidarios Nacionales do Grupo Tragsa.

DESTACAMOS

Queda verán... e prevención do dano cerebral

 

O período estival suma riscos específicos polo incremento dos desprazamentos en coche ou a práctica de exercicio ao aire libre. O 1 de setembro pode marcar a fin das vacacións, pero non do verán, así que os consellos de prevención do ictus, accidentes de tráfico, outros traumatismos cranioencefálicos ou anoxias seguen moi vixentes: non os esquezas!

Dano Cerebral Galicia

Rúa Galeras, 17, 2º, oficina 5 - 15705 Santiago de Compostela

881 943 148 • 659 177 709

FacebookXInstagramLinkedInYouTubeWeb Site

Darme de baja